InicioPolíticaUn roteiro porá en valor os recursos patrimoniais do interior de Ribadeo

Un roteiro porá en valor os recursos patrimoniais do interior de Ribadeo

O concello completará a sinalización da ruta na que os visitantes atoparán tres miradoiros á ría ou a capela de Nosa Señora das Virtudes de Arante, entre outros puntos de interese

Publicada o

- Advertisement -

Un roteiro turístico porá en valor os recursos históricos e naturais das parroquias ribadenses de Ove, Covelas, Arante, Cedofeita e Vilausende.

O Concello de Ribadeo instalou sinais direccionais no itinerario, que se coñecerá como ‘Camiño do Encanto’, e completará as indicacións con sinais e paneis informativos nos puntos de interese do percorrido.

O ‘Camiño do Encanto’ atravesará as parroquias de Ove, Covelas, Arante, Cedofeita e Vilausende

As vistas panorámicas sobre a ría desde os miradoiros de Santa Cruz, Madanela e Lourido son parte dos atractivos da ruta na que os visitantes atoparán tamén referencias a outros elementos do patrimonio cultural que “durante moitos anos quedaron esquecidos”, segundo sinalou a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez.

O itinerario seguirá un percorrido circular con saída e chegada na vila de Ribadeo

Así, o roteiro conduce os visitantes pola igrexa de Covelas, pola capela da Nosa Señora das Virtudes, na que se celebra a romaría das Cruces e que garda unhas valiosas pinturas murais, polos pazos de Cedofeita e Quitalonga, pola casa indiana do Agrelo ou polos petróglifos podomorfos das Pisadas do Encanto.

TURISMO DE INTERIOR

Martínez explicou que o roteiro pretende ampliar a oferta turística do concello, que ten como principais reclamos a praia das Catedrais e a vila.

“Con este itinerario queremos empregar a riqueza do interior como estratexia diferenciadora de cara a consolidar o turismo de interior como unha alternativa diversificadora da economía local e dos fluxos turísticos, empregando como fío condutor o patrimonio diferencial presente no corazón de Ribadeo”, indicou a concelleira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...